14/01/15

onomástica: apelidos galegos máis frecuentes:::

ANTROPONIMIA:::

RECURSOS NOMES 
 - Asociación Galega de Onomástica (AGOn) 
Á parte dunha bibliografía fundamental para o estudo da onomástica en Galicia, inclúe ligazóns de interese para o estudo da onomástica persoal. 

 - Instituto Nacional de Estatística (INE) Nacimientos según el nombre del nacido. Páxina do Instituto Nacional de Estatística onde se poden encontrar os nomes máis frecuentes no conxunto de España e por autonomías. Na sección nomes dos residentes en España, a aplicación ¿Cuál es la frecuencia de un nombre? permite elixir un nome e ver cantas persoas teñen ese nome e cal é a súa idade media en cada provincia, década de nacemento ou país de nacionalidade. Tamén é posible consultar en formato Excel táboas cos nomes máis frecuentes (100 para todo o territorio nacional, 50 para cada provincia de residencia e 10 para cada nacionalidade e sexo), táboas coa frecuencia de nomes segundo a década de nacemento e a lista de nomes con frecuencia maior ou igual a 20 e as súas idades medias. - Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) Base de datos de la Onomástica Vasca Páxina sobre nomes persoais da Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) 

 - Institut de Estadística de Catalunya Onomàstica de Catalunya Páxina web do Institut de Estadística de Catalunya sobre onomástica catalá. 

  - Universidade de Vigo “Chámate con xeito”. Campaña de onomástica promovida pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Enderezo: http://webs.uvigo.es/chamateconxeito/principal.php Inclúe
 - Nocións básicas de antroponimia e onomástica galega 
 - Simulador de nomes e apelidos  
- Consulta de nomes e apelidos 
 - Impresos legais e pasos que se deben seguir se se desexa galeguizar nome e/ou apelidos no documento de identidade e demais documentos persoais. 
- Nomes galegos de home na web da asociación Fillos de Galicia 
- Nomes galegos de muller na web da asociación Fillos de Galicia 

 - A Mesa pola Normalización Lingüística Enderezo: http:// www.amesanl.org/ Enderezo: http:// www.amesanl.org/gl/nomeseapelidos/nomes Inclúe unha compilación de nomes galegos de muller e home, con dúas ferramentas: un buscador de nome e un buscador alfabético de nomes. 


Outros recursos: Diccionario dos nomes galegos (1992), FERRO, X.; BOULLÓN, A. Vigo, Ir Indo (sancionado pola RAG). Diccionario galego dos nomes (2003) FEIXÓO CID, X. Vigo, Xerais. O teu nome (1994) FERRO RUIBAL, X. (dir.). Vigo, Ir Indo. 400 nomes galegos para homes e mulleres (1977) SEIXAS SUBIRÁ, X. Vigo, SEPT, Banco Pastor. Consultorio dos nomes e dos apelidos (2007). MÉNDEZ FERRÍN, X. L Vigo, Xerais. APELIDOS ILG (Instituto da Lingua Galega) Cartografía dos apelidos de Galicia. Enderezo: http://ilg.usc.es/cag/ Buscador de apelidos galegos por concellos: Enderezo: http://ilg.usc.es/cag/Controlador?/busca A Mesa pola Normalización Lingüística Enderezo: http:// www.amesanl.org/
Enderezo: http://www.amesanl.org/gl/nomeseapelidos/apelidos Inclúe a Caixa dos apelidos, con dúas ferramentas: un buscador de apelidos e un buscador alfabético de apelidos. INE (Instituto Nacional de Estatística) Mapa de distribución de apelidos. Buscador provincial de apelidos en España, por residencia e por nacemento. Enderezo: http://www.ine.es/ INE base/Demografía e poboación/Análise e estudos demográficos. Enderezo: http://www.ine.es/daco/daco42/nombyapel/nombyapel.htm Na sección apelidos dos residentes en España, a aplicación ¿Cuál es la frecuencia de un apellido? permite elixir un apelido e ver cantas persoas teñen ese apelido (xa sexa como primeiro, segundo ou ambos) segundo a provincia de residencia ou nacemento e segundo a nacionalidade. Ademais preséntanse táboas en formato Excel cos apelidos máis frecuentes (100 para todo o territorio nacional, 50 para cada provincia de residencia e 10 para cada nacionalidade); tamén é posible consultar unha listaxe en formato Excel con todos os apelidos das persoas residentes en España que teñen unha frecuencia superior a 20 para o primeiro apelido. Enderezo: http://www.xenealoxia.org Enderezo: http://apelidosgalicia.org Apelidos de Galicia (inclúe información sobre 4.520 apelidos, un foro de traballo sobre apelidos de Galicia, unha sección de buscas e outra de heráldica). Enderezo foro: http://foros.xenealoxia.org/viewforum.php?f=27 Asociación Galega de Xenealoxía Enderezo: http://www.xengalega.eu/ Outros recursos: Consultorio dos nomes e dos apelidos. Na sección Un ferrado de apelidos analízanse os 153 apelidos máis frecuentes por orde alfabética. Flor de raros inclúe 20 apelidos elixidos entre os excepcionais.

25/11/14

04/11/14

Como falan en...

...na Mariña de Lugo: ...en Corullón (no Bierzo): ...no Xurés: ...nos Riós: ...na Fonsagrada:

Multum>moito, muito, muto...

Teísmo e cheísmo